Fai Historia con nós

Olimpiada de Historia

A Facultade de Historia da Universidade de Vigo, en colaboración coa revista “El octavo historiador”, convoca a "I Olimpíada de Historia. Fai Historia con nós" que terá un carácter autonómico.

Obxectivos


  • Promover e desenvolver o interese do alumnado de Educación Secundaria pola Historia.
  • Recoñecer o esforzo da docencia no fomento de iniciativas novedosas nesta materia, dando a coñecer as súas ideas e premiándoas.
  • Apoiar o desenvolvemento de habilidades transversais de comunicación oral e escrita e senso crítico do estudantado que lles sirvan como ferramentas de apoio para abordar con maior confianza os estudos de Bacharelato e, posteriormente, os universitarios.
  • Estreitar as relacións entre os centros de ensinanza secundaria e a Universidade de Vigo para colaborar en tarefas formativas do profesorado.
  • Fomentar a difusión da Historia e a súa utilidade ante os retos da sociedade actual, ao propor novos eidos profesionais para historiadoras e historiadores.

Olimpiada de Historia

Inscrición


O prazo de inscrición dos equipos rematará o día 13 de abril de 2018 ás 14:00 horas.

A inscrición será realizada polo/a docente encargado/a a través do formulario de inscrición, que será remitido por correo electrónico a Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo., indicando no asunto "I Olimpíada de Historia. Fai Historia con nós".


Bases da I Olimpiada de Historia