Fai Historia con nós

Calidade

O principal obxectivo das accións da Calidade é o mantenemento e mellora dunha serie de criterios asociados aos procesos formativos que velan polo bó funcionamento de todos os aspectos vencellados ao ámbito de actuación do conxunto das universidades españolas

O seu correcto desenvolvemento debe permitirlles acadar unha mellora contínua dos seus títulos académicos, para o que se require o seu compromiso á hora de activar todos os protocolos que se necesiten para amosar e facer manifesta dita calidade.

Dentro deste contexto, a Área de Apoio á Docencia e Calidade da Universidade de Vigo deseñou, en contacto permanente cós centros, o Manuel do Sistema de Garantía Interno de Calidade, que inclúe os seus principios, os obxectivos e ámbitos que son da súa competencia, así como a documentación e procedementos de comprobación das actuacións que están previstas levar a cabo para o seu desenvolvemento.

 

O Sistema de Garantía Interno de Calidade (SGIC) da Facultade de Historia (FdH) debe garantir a calidade de todas as titulacións de grao e posgrao que se imparten neste centro, atendendo á revisión e mellora dos programas formativos vencellados a ditas titulacións, cuxa elaboración se fai tendo en conta os diversos grupos de interese que participan na vida académica. Polo tanto, a actualización constante do SGIC da FdH se contempla como un obxectivo imprescindible, do mesmo xeito que o seu diálogo permanente con ditos grupos, coa finalidade de atender e satisfacer as diversas demandas e necesidades. Para o seu deseño e elaboración, contaron co asesoramiento da citada Área de Calidade da UVigo e a súa adaptación ás necesidades específicas da Facultade de Historia correu a cargo da Comisión de Garantía Interna de Calidade (CGIC) da facultade, cumprindo cós requisitios propostos por ANECA.

Conforme ás directrices do programa FIDES-AUDIT, a Axencia para a Avaliación da Calidade do Sistema Universitario de Galicia (ACSUG) emitiu a correspondente avaliación positiva do deseño do SGIC do noso centro o 26/04/2010.

Posteriormente, con data 28/07/2017, a ACSUG emitiu con resultado favorable o informe de certificación de implantación do SGIC.