Fai Historia con nós

Unha panorámica en clave histórica da cartografía militar en España

O campus acolleu este luns unha conferencia sobre este tema

A Facultade de Historia do campus de Ourense acolleu este luns unha nova sesión da súa Aula Aberta, iniciativa na que conferencias programadas para o alumnado do centro pasan a ser abertas a toda a comunidade universitaria polo interese transversal que poden suscitar. Nesta ocasión o protagonismo foi para a cartografía militar en España.

Luis Lorenzo Esperante, militar cunha dilatada traxectoria en laboratorios de calibración, foi o encargado de ofrecer unha visión da historia e das características desta cartografía.

cartografía militar en España

A intervención, organizada pola Área de Xeografía Física da Universidade de Vigo, foi presentada pola profesora Elena de Uña e levou por título A cartografía militar en España: descrición e evolución histórica. A docente destacou “a importancia enorme da cartografía militar” por ser ao longo da historia e tamén na actualidade “a máis precisa” e a empregada neste caso nos traballos arqueolóxicos e históricos. Por esta relevancia actual e pola súa relevancia pasada “en relación moi estreita cos conflitos bélicos”, Elena de Uña salientou a pertinencia de que o alumnado do Grao en Xeografía e Historia do campus de Ourense se achegase “da man dos coñecementos e da experiencia” de Luis Lorenzo Esperante a esta temática.


Ler a noticia completa no DUVI