Fai Historia con nós

As escavacións volven ao xacemento de Armea co obxectivo de deixar ao descuberto a finca da atalaia

Traballa na zona un equipo de 20 persoas coordinadas polo Geaat

Este luns arrancou no xacemento de Armea, no Concello de Allariz, a quinta campaña arqueolóxica que desenvolve nel o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (Geaat).

Con financiamento do Concello de Allariz, un ano máis as e os arqueólogos volven á Cibdá de Armea co obxectivo nesta ocasión do completar a descuberta da coñecida como a zona da atalaia. Un equipo de case unha vintena de persoas participará ata finais de xullo nesta intervención.

escavacións armea

“O obxectivo desta campaña é rematar de exhumar as estruturas na finca da atalaia, de propiedade municipal, para que as domus norte e sur da cidade queden completamente visibles e visitables”, explica Alba Rodríguez, arqueóloga do Geaat encargada este ano da dirección das escavacións. Ademais, engade, “continuaremos coa sondaxe na finca cedida polo señor Manuel, a persoas que descubriu as estruturas de Monte Señoriño, onde se atoparon muros que poderían estar relacionados cunha ocupación na parte alta da ladeira”. Neste primeiro día de traballo, detalla Alba Rodríguez, os traballos consistiron “na limpeza da zona para empezar a traballar, na retirada de follas, pedras e outros restos” coa pretensión de comezar esta semana xa a escavar.


Ler a noticia completa no DUVI