Fai Historia con nós

Poñendo cara á primeira promoción da modalidade semipresencial do Grao en Xeografía e Historia

Celso González foi a persoa que no curso 2013/2014 estreou esta opción

Entre as persoas que recentemente recibiron as súas bandas e diplomas no acto de graduación do alumnado de último curso da Facultade de Historia do campus de Ourense estivo Celso González. O que diferencia a este egresado dos seus compañeiros e compañeiras é que el é o primeiro en rematar a súa formación na modalidade semipresencial deste grao, posta en marcha no curso 2013/2014.

“Vin na prensa que había esta posibilidade e animeime a apuntarme porque me gustaba a historia. Entón gustábame como curiosidade pero agora gústame de verdade”, comenta o egresado, que foi o único que se matriculou na modalidade semipresencial no seu ano de arranque.

Poñendo cara á primeira promoción da modalidade semipresencial do Grao en Xeografía e Historia

Como primeiro e único membro desta primeira promoción sinala que “aínda que houbo momentos duros” foi viable compatibilizar o seu traballo como funcionario cos estudos recalcando neste senso “todas as facilidades que che dá o centro e o profesorado”.


Ler a noticia completa no DUVI