Fai Historia con nós

O achado do “tesouro pétreo de Balvís” pecha a intervención arqueolóxica deste ano en Armea

Na domus norte o Geaat atopou unha inscrición en pedra

O día 18 de xuño arrancou no xacemento da “Cibdá de Armea” a quinta campaña arqueolóxica que desenvolve nel o Grupo de Estudos en Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio da Universidade de Vigo (Geaat) con financiamento do concello ourensán de Allariz. Rematada a fase de escavacións, as e os arqueólogos salientan os bos resultados acadados este ano non só por conseguir o seu obxectivo de deixar descuberta na súa práctica totalidade a zona da atalaia deste enclave senón tamén por atopar restos pétreo moi relevantes para o xacemento.

O achado do “tesouro pétreo de Balvís” pecha a intervención arqueolóxica deste ano en Armea

Esther de Blas, vicerreitora do campus de Ourense; María Cristina Cid, alcaldesa de Allariz, e Susana Reboreda, decana da Facultade de Historia, achegáronse este martes a visitar o xacemento e coñecer de man de Adolfo Fernández, responsable da intervención arqueolóxica, os avances realizados nesta campaña. A vicerreitora salientou como esta iniciativa se enmarca no compromiso de colaboración do campus cos concellos da provincia e como “permite pór en valor, sacar á luz, o noso patrimonio”, amosando o seu desexo de que continúe no futuro. Pola súa banda, Susana Reboreda subliñou o orgullo que supón para o seu centro este proxecto. Anticipando a intención do concello de renovar a colaboración coa Universidade de Vigo para o desenvolvemento destas intervencións arqueolóxicas, a alcaldesa de Allariz salientou o seu desexo de que se unan a esta iniciativa tanto a Xunta de Galicia como a Deputación Provincial e fixo fincapé en como este xacemento non só permite contribuír ao coñecemento da historia senón tamén ao desenvolvemento turístico da zona.


Ler a noticia completa no DUVI