Profesor/a titular de universidade
Área de Historia Moderna
Departamento de Historia, Arte e Xeografía
Información de contacto
Facultade de Historia
Pavillón 2, Planta 1, Despacho 12
As Lagoas, s/n
32004 Ourense
+34 988 387 115
antonio.presedo@uvigo.gal
Breve CV
Doutor en Xeografía e Historia pola Universidade de Santiago (2001) e Profesor Titular de Historia Moderna na Facultade de Historia, da Universidade de Vigo, dende 2022. Nesta mesma universidade tamén desempeñou anteriormente a súa labor docente como profesor asociado dende 2010 ata 2020, profesor axudante doutor dende 2020 ata 2022, e profesor titular interino en 2022. Así mesmo, é profesor titor no Centro Asociado da UNED de Ourense dende 2018. Antes da súa incorporación á Universidade de Vigo, exerceu como profesor asociado e interino de substitución na Universidade de Santiago en 1999-2000 e dende 2005 ata 2010; investigador contratado polo CSIC no Instituto de Estudios Gallegos “Padre Sarmiento”, en Santiago de Compostela, dende 2002 a 2005; e, ademais, profesor titor no Centro Asociado da UNED de Lugo dende 2008 ata 2021. Ten colaborado en sete proxectos de investigación, dous deles de ámbito autonómico e cinco estatais. Nas súas investigacións tense especializado nas elites sociais de Antigo Réxime, principalmente no sector nobiliario que configura a fidalguía galega, sobre todo dende a historia social e cultural. Os resultados obtidos están recollidos en numerosos artigos publicados en revistas especializadas, capítulos de libros e publicacións derivadas de congresos nacionais e internacionais; como tamén en catro ensaios (entre estes: A Fidalguía Galega. Estudos sobre a reprodución social dos fidalgos na Galicia Moderna [2008] e Nobleza y régimen señorial en Galicia. La Casa Montaos en los siglos XVI y XVII [2011]). Na actualidade é membro do Equipo de Investigación de “Historia Moderna”, da Universidade de Vigo, que dirixe a profesora María López Díaz.
Docencia
1º cuadrimestre
2º cuadrimestre
Grao en Xeografía e Historia
O02G251V01401 | Historia: Metodoloxía da historia (coordinador/a)
O02G251V01402 | Historia moderna universal (coordinador/a)
O02G251V01603 | Historia moderna de España
Máster en Valoración, xestión e protección do patrimonio cultural
O02M143V03208 | Territorio e Paisaxe Cultural
Titorías
1º cuadrimestre
Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Martes: de 10:00 a 14:00, Pavillón 2.º, andar 1.º, despacho n.º 12, Facultade de Historia
2º cuadrimestre
Titorías presenciais
O docente ten unha oferta de titorías presenciais en horario fixo coa seguinte programación:
– Martes: de 10:00 a 12:00, Pavillón 2.º, andar 1.º, despacho n.º 12, Facultade de Historia
– Xoves: de 12:00 a 14:00, Pavillón, 2.º, andar 1.º, despacho n.º 12, Facultade de Historia
Investigación
Grupo de investigación
Historia Medieval, Historia Moderna e Ciencias e Técnicas Historiográficas
Liñas de investigación
- Historia social das élites na Galicia do Antigo Réxime
- Cultura e mentalidades das élites na Galicia do Antigo Réxime