Fai Historia con nós

Traballo Fin de Grao

O TFG é unha materia obrigatoria de 12 créditos ECTS que se cursa no segundo cuadrimestre do Grao de Xeografía e Historia. Consiste na realización e defensa por parte dos e das estudantes dun traballo tutelado no que se apliquen e desenvolvan de forma integrada os contidos formativos e as competencias asociadas ao título de Graduado en Xeografía e Historia. En ningún caso pode ser un traballo presentado con anterioridade polo/a estudante nalgunha materia da titulación, aínda que pode integrar ou desenvolver traballos realizados ou iniciados noutras materias da mesma.

O TFG poderá consistir nun traballo de carácter experimental, teórico, de investigación ou manexo de fontes históricas, producións artísticas, elementos cartográficos, etc., de revisión bibliográfica ou profundización temática, nun informe de traballo de campo ou nunha memoria de actividades (xestión cultural e patrimonial, museos, aplicacións tecnolóxicas,etc.) en campos relacionados coa Titulación.

MÁIS INFORMACIÓN

Para unha información máis detallada, o Coordinador do TFG na Facultade de Historia é o profesor:

Julio Prada Rodríguez
+34 988 387 288
Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.


Traballo Fin de Grao - Curso 2018/2019


Calendario do TFG
Tribunais do TFG

TFGs defendidos - Curso 2018/2019
Acta de revisión da cualificación do TFG


CALENDARIO DE ASIGNACIÓN DO TFG

Proceso Data
Sesión informativa (estudantado de 4º de Grao) Segunda quincena de setembro de 2018
Oferta de TFG por parte do profesorado titor Do 1 ao 15 de outubro de 2018:
Oferta de TFG 2018/2019
Solicitudes do estudantado non incluídas na oferta Do 16 ao 31 de outubro de 2018
Publicación das asignacións de traballos e titores/as Do 1 ao 15 de novembro de 2018:
XX/11/2018 - Asignación provisoria TFG 2018/2019
Recurso de apelación contra as asignacións Do 16 ao 22 de novembro de 2018:
Recurso de apelación
Publicación definitiva Do 22 de novembro ao 5 de decembro de 2018:
XX/1X/2018 - Asignación definitiva TFG 2018/2019

CALENDARIO DE DEFENSA DO TFG

(Pulsa no título da convocatoria para consultar o calendario detallado)

Convocatoria Solicitude de defensa Depósito TFG Defensa
Fin de Carreira do 31/10/2018 ao 09/11/2018 ata o 09/11/2018 do 19/11/2018 ao 21/11/2018
2º cuadrimestre do 29/05/2019 ao 07/06/2019 ata o 07/06/2019 do 17/06/2019 ao 19/06/2019
2ª oportunidade do 01/07/2019 ao 10/07/2019 ata o 10/07/2019 do 17/07/2019 ao 19/07/2019