Fai Historia con nós

Comisión do TFG

Composición


Nome Cargo
Susana Reboreda Morillo Decana
Julio Prada Rodríguez Coordinador materia TFG
Antonio Presedo Garazo Representante PDI (secretario)
David Morenza Arias Representante Alumnado
Mª del Carmen Fernández Contreras Representante PAS

Funcións


Son funcións da Comisión de TFG:

  • Aprobar, en coordinación co Centro, o calendario anual relativo ao TFG e velar polo seu cumprimento.
  • Autorizar a adxudicación de TFG que deban realizarse en equipo.
  • Aprobar a asignación de máis de catro TFG por docente.
  • Resolver os recursos de apelación contra a non aceptación dunha proposta de TFG.
  • Resolver as solicitudes de cambio na titorización ou no tema do TFG, así como os cambios de estudantes asignados a un titor ou titora e as modificacións na temática ofertada.
  • Autorizar a defensa do TFG sen o informe favorable da persoa titora tras a petición formal e motivada polo/a estudante e a comprobación de que cumpre os requisitos establecidos na presente normativa.
  • Resolver, conforme ao presente regulamento, sobre a mención de «Matrícula de Honra» (MH) no caso de que o número de propostas supere á dispoñibilidade efectiva.
  • Autorizar a defensa a distancia de forma virtual dun TFG.

Comisión Permanente de TFG


A Comisión Permanente do TFG estará composta polo presidente ou presidenta e o secretario ou secretaria da Comisión de TFG. A súa función é resolver os asuntos de trámite que, pola súa natureza, non requiran a convocatoria da Comisión de TFG.