Fai Historia con nós

Visitas de estudos

Visitas de Estudos 2018/2019


Ao longo do curso organízanse diversas saídas de estudos para o alumnado relaciondas cunha ou varias materias, que poden ser dun só día (en xeral coincidindo cos venres), ou ben viaxes máis longas, dependendo do destino.

Estas saídas teñen como obxectivo complementar a teoría exposta nas aulas e relaciónanse tanto ca temática da Historia, como da Historia da Arte e da Xeografía.

O transporte e, na medida do posible, os gastos derivados son subvencionados todos ou en parte pola Facultade.


A información sobre as visitas pode consultarse na seguinte táboa:

Visitas de Estudos - 1º cuadrimestre
Itinerario Data Destino Responsable
#Itinerario1 21/09/2018 Montañas de Trevinca Elena de Uña Álvarez
#Itinerario2 05/10/2018 Litoral meridional galego Elena de Uña Álvarez
#Itinerario3 05/10/2018 O Salnés Carlos A. Patiño Romarís
#Itinerario4 20/10/2018 Cova Cortiñas Elena de Uña Álvarez
#Itinerario5 09/11/2018 Monforte de Lemos Yolanda Barriocanal López
#Itinerario6 16/11/2018 Beade Yolanda Barriocanal López
#Itinerario7 23/11/2018 Santo Tirso (Portugal) Ladislao Castro e Rosa Brañas
#Itinerario8 27/11/2018 Toén Ángel Domínguez López
#Itinerario9 30/11/2018 Campo Lameiro Beatriz Comendador Rey
#Itinerario10 03/12/2018 Por confirmar

Visitas de Estudos - 2º cuadrimestre
Itinerario Data Destino Responsable
#Itinerario11 08/02/2019 Sta. Comba de Bande Yolanda Barriocanal López
#Itinerario12 05/04/2019 Portugal Fermín Pérez e Ladislao Castro

Viaxes de Estudos Arqueolóxicos


Outro tipo de saídas, de tipo extraacadémico e voluntario son as “Viaxes de Estudos Arqueolóxicos” realizadas cada ano, en torno á semana de Entroido e organizadas conxuntamente polo profesor de arqueoloxía, Fermín Pérez Losada, e a Delegación de Alumnado da Facultade. Son viaxes autoxestionadas a países relevantes dende o punto de vista histórico, con especial interese nos vestixios arqueolóxicos.