Fai Historia con nós

Programas de Mobilidade

A Facultade de Historia participa nos programas de mobilidade institucionais apoiando a saída do estudantado propio e acollendo ao estudantado externo (nacional e internacional)

INFORMACIÓN SOBRE PROGRAMAS DE MOBILIDADE

Susana Reboreda Morillo

Coordinadora de Relacións Exteriores

+34 988 387 169 | Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

A facultade de Historia presenta unha ampla oferta de estadías tanto nacionais como internacionais que o estudantado pode desfrutar ou ben un semestre ou durante todo o curso. O listado de destinos non está pechado e pódese, con anterioridade dun ano, tentar asinar un novo convenio. En todas as estadías o/a estudante asegúrase, mediante un contrato de estudos, o recoñecemento dos estudos cursados fóra por materias co mesmo número de créditos na Universidade de orixe. As estadías de grao poden solicitarse dende 1º ata 3º curso; as de mestrado solo mentres se está realizando.

Coa fin de promover esta mobilidade, a Oficina de Relacións Internacionais organiza sesións informativas na Facultade nas que explica as cuestións administrativas. Da coordinadora de Relacións Exteriores dependen todos os asuntos académicos, asesorando ao estudantado interesado.

Unha vez seleccionado, no caso de estadías en países estranxeiros, a ORI facilítalles un dossier que inclúe unha ampla guía informativa que aborda aspectos fundamentais: a viaxe, o posible visado, a asistencia sanitaria, as axudas económicas, os cursos para a preparación lingüística, o contrato de estudos, a matricula e o recoñecemento de créditos.

Durante a estadía na universidade de destino a coordinadora realiza un seguimento do estudantado e das actividades desenvoltas por eles, en contacto permanente, especialmente vía mail, e tenta resolver todas as dúbidas que xurdan, remitíndoas a ORI no caso que o considere preciso.


Normativa específica

Requisitos para a concesión de estadías ao estudantado de grao


Rexistros de Mobilidade - Curso 2017-2018

R1 DO-0205 P1 - Listaxe de estudantado propio seleccionado (2017-2018)
R2 DO-0205 P1 - Listaxe de estudantado de mobilidade alleo (2017-2018)