Fai Historia con nós

Competencias

Competencias Básicas
  Descrición
CB1 Que os estudantes demostren posuír e comprender coñecementos nunha área de estudo que parte da base da educación secundaria xeral e adoita atoparse a un nivel que, se ben se apoia en libros de texto avanzados, inclúe tamén algúns aspectos que implican coñecementos procedentes da vangarda do seu campo de estudo.
CB2 Que os estudantes saiban aplicar os seus coñecementos ao seu traballo ou vocación dunha forma profesional e posúan as competencias que adoitan demostrarse por medio da elaboración e defensa de argumentos e a resolución de problemas dentro da súa área de estudo.
CB3 Que os estudantes teñan a capacidade de reunir e interpretar datos relevantes (normalmente dentro da súa área de estudo) para emitir xuízos que inclúan unha reflexión sobre temas relevantes de índole social, científica ou ética.
CB4 Que os estudantes poidan transmitir información, ideas, problemas e solucións a un público tanto especializado coma non especializado.
CB5 Que os estudantes desenvolvan aquelas habilidades de aprendizaxe necesarias para emprender estudos posteriores cun alto grao de autonomía.
Competencias Xerais
  Descrición
CG1 Coñecer o territorio (ambiente, sociedade, cultura) dende unha perspectiva diacrónica e sincrónica.
CG2 Comprender os procesos que se desenvolven en diversas escalas espazo-temporais e en diversos contextos socio-culturais.
CG3 Obter as habilidades necesarias para rexistrar, analizar e interpretar a información relevante de índole xeográfica e histórica.
CG4 Desenvolver as destrezas asociadas á elaboración, transmisión e xestión do "saber" e "saber facer" adquirido así como dos resultados do seu razoamento crítico.
CG5 Valorar as necesidades e problemas da sociedade e as aportacións (en termos de contribución efectiva) xeradas dende os ámbitos xeográfico-históricos, tendo en conta a necesaria igualdade social e entre sexos, a discapacidade e a educación para a paz.
CG6 Aplicalas no contexto do futuro académico e/ou profesional; e crear as bases para futuros estudos de postgrao, especializados e/ou multi-disciplinares .
Competencias Específicas
  Descrición
CE1 Coñecemento das claves e desenvolvemento do ámbito da Xeografía física.
CE2 Coñecemento das claves e desenvolvemento do ámbito da Xeografía Humana.
CE3 Coñecemento das claves e desenvolvemento dos espazos xeográficos, (aspectos físicos, humanos, económicos) na súa dinámica socio-territorial.
CE4 Conciencia crítica da relación entre os fenómenos xeográficos, físicos e humanos, a diferentes escalas territoriais.
CE5 Integración das dimensións espacial e temporal na explicación dos procesos territoriais.
CE6 Coñecemento e aplicación dos principais métodos e técnicas de investigación xeográfica.
CE7 Uso correcto da información xeográfica como instrumento de interpretación dos sistemas territoriais.
CE8 Desenvolvemento e aplicación dos procedementos de traballo de campo.
CE9 Capacidade de análise e interpretación das paisaxes.
CE10 Capacidade de relacionar, sintetizar e expresar información xeográfica en sistemas gráficos e cartográficos.
CE11 Coñecemento e desenvolvemento de habilidades no ámbito da ordenación e planificación territorial.
CE12 Conciencia crítica da relación entre os acontecementos e procesos actuais e o pasado.
CE13 Conciencia de respecto polos puntos de vista que se derivan de antecedentes culturais/nacionais.
CE14 Coñecemento da estrutura diacrónica xeral do pasado.
CE15 Coñecemento de linguas antigas.
CE16 Coñecemento detallado dun ou máis períodos específicos do pasado da humanidade.
CE17 Capacidade de ler textos historiográficos e documentos orixinais na propia lingua así como de transcribir, resumir e catalogar información de forma pertinente.
CE18 Coñecemento e habilidade para usar os instrumentos de recompilación de información tales como catálogos bibliográficos, inventarios de arquivo e referencias electrónicas.
CE19 Coñecemento da historia nacional propia.
CE20 Coñecemento da historia europea nunha perspectiva comparada.
CE21 Coñecemento da historia da integración europea.
CE22 Coñecemento da historia universal.
CE23 Capacidade de identificar e utilizar apropiadamente fontes de información para a investigación histórica.
CE24 Conciencia crítica das coordenadas espazo-temporais da Historia da Arte.
CE25 Visión diacrónica xeneral da Historia da Arte Universal.
CE26 Visión diacrónica rexional e completa dos fenómenos artísticos territoriais.
CE27 Coñecementos particulares e optativos da Historia da Arte.
CE28 Coñecemento das distintas metodoloxías da aproximación á Historia da Arte.
CE29 Coñecemento sistemático e integrado do feito artístico: distintas linguaxes e técnicas da produción artística ao longo da historia.
CE30 Coñecemento das principais fontes literarias e documentais da Historia da arte.
CE31 Coñecementos básicos de iconografía como clave para a interpretación de imaxes.
CE32 Coñecemento práctico dos procesos básicos da metodoloxía científica en Historia da Arte.
CE33 Coñecementos sobre documentación, composición de materiais e técnicas construtivas dos bens artísticos mobles e inmobles.
CE34 Coñecementos instrumentais aplicados á Historia da Arte.
Competencias Transversais
  Descrición
CT1 Capacidade de análise e síntese.
CT2 Aplicación dos coñecementos.
CT3 Capacidade de organización e planificación.
CT4 Comunicación oral e escrita no idioma propio.
CT5 Capacidade de xestión da información e o coñecemento.
CT6 Resolución de problemas e toma de decisións.
CT7 Capacidade de razoamento crítico.
CT8 Compromiso ético e responsabilidade social.
CT9 Traballo en equipo en diversos contextos.
CT10 Atención á diversidade e á multiculturalidade.
CT11 Capacidade de aprendizaxe autónoma.
CT12 Capacidade para imprevistos, creatividade e lideranza.
CT13 Iniciativa e espírito emprendedor.
CT14 Motivación pola calidade.
CT15 Sensibilidade cara temas ambientais.
CT16 Coñecemento doutras culturas.